viernes, 15 de enero de 2021

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 Ao longo do primeiro trimestre foron moitos os nenos e nenas que cumpriron anos. Este curso, debido a situación que estamos vivindo, non poidemos festexalo como facíamos antes, pero intentamos celebrar os aniversarios na compañía dos nos@s compañeir@s e que ben o pasamos!!!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo coas nosas celebracións.


martes, 22 de diciembre de 2020

O Dragón Pepón deséxavos BO NADAL!!!!!

 Chegaron por fin as vacacións e que mellor maneira de comezalas que lembrando a cantidade de cousas que ao longo do trimestre aprendemos con Pepón.

Pincha no seguinte enlace para ver o video:

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/12/chegou-o-nadal.html


BO NADAL!!!!!

viernes, 4 de diciembre de 2020

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O pasado 25 de novembro tivo lugar o día contra a violencia de xénero e os nenos e nenas de infantil tamén nos quixemos sumar á reivindicación da igualdade entre homes e mulleres así como a NON VIOLENCIA. A continuación tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades que fixemos.


viernes, 20 de noviembre de 2020

VISITA DA BRUXA AVERÍA

  Onte tivemos unha visita moi "sucia", a "Bruja Avería", que viña toda porca co pelo sen lavar, os dentes sucios, a máscara chea de suciedade, sen lavar,... Ademais estaba moi gorda porque non facía exercicio e non comía de forma saudable, só comía lambetadas, comida lixo,...

  Ela quería cambiar os seus hábitos e preguntounos que era o que tiña que facer, así que démoslle unha serie de consellos que prometeu cumprir e voltará a visitarnos para comprobar a súa evolución.

 
 





martes, 17 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

 O pasado martes 10 de novembro celebramos o magosto no cole. 

 A pesar da situación actual, puidemos gozar dunha xornada lúdica cos nosos compañeiros e compañeiras da aula. Fixemos diferentes xogos populares como o lanzamento de castañas, a zapatilla por detrás ou o pato oca, a corda,... e despois disto comemos castañas. Que ben o pasamos!

 Ademais durante a semana realizamos outras actividades como pintar castañas, a castañeira, picar castañas, recortar o cucurucho... 

 
 A continuación podedes ver un resumo das actividades que se levaron a cabo.
 




viernes, 6 de noviembre de 2020

CANTO NOS GUSTA O OUTONO!

 Desde a chegada do outono non paramos de facer actividades relacionadas con esta estación. Recollemos follas, pintámolas, fixemos composicións con elas, elaboramos murais, traballamos os froitos e froitas típicos (landras, castañas, caqui, granada,..) e incluso degustamos algunha. Tamén coñecimos máis sobre o millo e algúns animais como o esquío e o ourizo cacho.

 A continuación amosámosvos un breve resumo dalgunhas actividades que levamos a cabo.

Canto aprendemos e como disfrutamos!




lunes, 2 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES NO SAMAÍN

 É certo que foi un samaín diferente, pero non por iso menos divertido. Fixemos un montón de actividades como se pode ver no vídeo.

 



 

Ademais se pinchas nos seguintes enlaces poderás ver outras moitas: visitáronos os padriños lectores, os de 6º de infantil fixemos un conto de medo  nas clases de estimulación, vimos unha obra de teatro, participamos nunha exposición virtual de cabazas...

A pesar de non ser a festa de sempre foi un gran día!!!

Pincha e verás!!!

 http://curicuxa.blogspot.com/2020/10/padrinos-lectores-en-samain.html

http://curicuxa.blogspot.com/2020/10/exposicion-cabazas-samain-2020.html

http://curicuxa.blogspot.com/2020/11/teatro-polo-samain.html

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/10/a-festa-de-samain.html