martes, 10 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE CUPCAKES DE NADAL


Chegou o NADAL,  por iso quixemos facer unha bonita magdalena. Estos foron os ingredientes: magdalena, chocolate, lacasitos e unha árbore de cartolina e por suposto moita imaxinación.
Si mirades o vídeo veredes o doce resultado.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Aquí está o vídeo dos aniversarios de novembro. Como poderedes ver, este mes cumprimos un montón de rapaces, así que puxémonos de chocolate ata.... A ver si para o mes que ven pasa o mesmo.
Esperamos que disfrutedes vendo o vídeo tanto como nós disfrutamos zampando as tartas!!!

lunes, 18 de noviembre de 2013

O Magosto!!!

Foi o Magosto, e como non podía ser de outra maneira fixemos unha festa para celebralo.
Mirade o vídeo e xa veredes o ben que o pasamos.
Esperemos que vos guste!!!


jueves, 14 de noviembre de 2013

ANIVERSARIOS OUTUBRO

Os que nacimos en outubro non queremos ser menos, así que tamén temos o noso vídeo.
Aquí o tedes, esperamos que vos guste!!!


ANIVERSARIOS SETEMBRO

Xa sabemos que  tivemos uns problemiñas cos vídeos dos aniversarios de setembro e outubro, así que tivemos que modificalos.
Agora xa están arranxados, así que aquí tedes o vídeo do mes de setembro.
 Esperemos que vos guste.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

O Samaín UHHHHHH!!!

O outro día foi o día do Samaín. E como non, no cloe fixemos un montón de cousas para celebralo.
Como sabemos que non é o mesmo contalo que velo, aquí tedes un vídeo para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos.
Esperamos que vos guste.

UN LIM DE BRUXAS







Os nenos e nenas de 5 anos estamos aprendendo moitas cousas sobre as bruxas neste tempo de samaín.

lunes, 4 de noviembre de 2013

miércoles, 2 de octubre de 2013

MARÍA FUMAÇA, O MERCADO

Esta canción tan guay gústanos moito aos nenos de infantil. O máis seguro é que acudamos a ela para poder deleitarvos no festival de Nadal.
 Mirade que divertida é!!!


martes, 1 de octubre de 2013

ANIVERSARIOS DO MES DE SETEMBRO

Como non podía ser de outra maneira, os nenos que cumprimos anos este mes recén rematado, celebrámolo no cole.
Aquí tedes un pequeno vídeo no que podedes vernos.
Esperamos que vos guste!!!


jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVIDOS Ó CURSO 2013-2014

O Equipo de Educación Infantil quere darvos ás familias a Benvida o novo curso escolar 2013-2014. Hoxe comeza una nova etapa para os cativos de 3 anos. Aínda que outros xa viven o inicio de curso como un bonito encontro, tanto cos seus amigos-as como coas profes. Xa collimos moita enerxía nas vacacións para afrontar este novo curso. Así que aquí comezamos. Benvidos!!!!!!!

viernes, 21 de junio de 2013

DESPEDIDA DO CURSO E ANIVERSARIOS VERÁN

Así quixemos despedir ó curso, cunha Festa e celebrando os aniversarios dos cativos que cumpren no verán.
 ATA Ó VINDEIRO CURSO.


ANIVERSARIOS VERÁN 2013 - presentacion imagenes

lunes, 17 de junio de 2013

EXCURSIÓN Ó RÍO VERDUGO

Con esta saída poñémoslle o final o PROXECTO que fixemos neste 3º trimestre sobre ó río Verdugo. Ademáis de disfrutar dun día divertido, xogando, pintando...incluso se deixaron ver as troitas. Esperamos que vos guste.

jueves, 6 de junio de 2013

ACOLLIDA DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Os nenos e nenas de 5 anos foron a visitar as clases de 2º de primaria para que se fagan unha idea de como vai ser a súa nova etapa na Educación Primaria. Foron acollidos con alegría e fixeron moitas actividades. Ahí vai un mostra.


martes, 21 de mayo de 2013

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta foi a nosa aportación para o "Día das Letras Galegas": un contiño por clase elaborado polos nosos cativos

martes, 14 de mayo de 2013

O GATO LAMBÓN

Queremos compartir cos cativos este conto que foi adaptado por un excompañeiro do noso cole.
Disfrutade coas aventuras do gato Lambón.
Grazas Rafa.


TEATRO EN PONTEVEDRA

O día 10 de maio fumos ó Teatro de Pontevedra a ver a obra" A caixa de música".Pasámolo moi ben. Esperamos que vos guste.

miércoles, 17 de abril de 2013

O GATO DE PELAYO

Mírade que gato máis bonito nos trouxo Pelayo. Chámase Silvestre e é a  súa mascota.

lunes, 8 de abril de 2013

BUSCAMOS OVIÑOS DE PASCUA

O venres 22 de marzo viñeron uns coelliños máxicos ó cole e deixáromnos no ximnasio un montón de oviños de chocolate, así que as mestras puxemos ós cativos a buscalos. Que ben o pasamos...


OVOS DE PASCUA - presentacion imagenes

miércoles, 3 de abril de 2013

viernes, 8 de marzo de 2013

VISITA Ó SALÓN DO LIBRO

O martes 5 de marzo os cativos de Pontecaldelas de 4 e 5 anos fumos de visita ó "Salón do Libro" a Pontevedra. Alí disfrutamos de contacontos e das actividades que nos propuxeron, ademáis de ensinarnos toda a exposición que este ano titúlase" A toda máquina". Tamén vimos o traballo exposto do noso cole, onde os cativos tamén colaboramos. A gran sorpresa foi cando apareceu "ORBIL" a mascota do Salón do Libro, un lobo moi divertido e que le moitos contos.


jueves, 28 de febrero de 2013

UN CAMIÓN MOTOBOMBA NO COLE

Hoxe no cole visitounos o camión motobomba do noso concello. Fixéromnos unha demostracíón impresionante. Que divertido aprender cousas novas! e agradecer os operarios de Pontecaldelas a súa colaboración.


CAMIÓN MOTOBOMBA - presentacion imagenes

lunes, 4 de febrero de 2013

O PIRATA METEPATA


SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana é o Entroido, por iso cada día os nosos cativos van vir cada día da semana disfrazados coas consignas das profes. Así que o  LUNS si un pirata queres parecer un parche e bigote terás que poñer.

viernes, 1 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos no cole o "día da Paz". Así queremos contribuir a unha convivencia armónica e a un mundo mellor.

Día da PAZ - diapositivas