miércoles, 27 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este martes veu o cole a profe Cris de Caldas, contounos contos para fomentar a igualdade entre nenos e nenas. Aprendemos que o rosa e o azul son amigos, non teñen xénero e que os nenos xogan con bonecas e as nenas con coches. Si alguén de mete con nós sobre os nosos gustos o que lle temos que dicir é que os xoguetes, xoguetes son, e as cores, cores son. 

PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

viernes, 15 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Este martes celebramos o Magosto, fixemos un montón de xogos: paracaídas, come-castañas, pintamos as caras... e comemos castañas. O máis importante: gozar cos nosos compañeiros e compañeiras.
                    PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

martes, 5 de noviembre de 2019

SAMAÍN

O MÉRCORES PASADO FOI UN DÍA DE MOITO MEDO,CELEBRAMOS O DÍA DO SAMAÍN . HOUBO BAILES TERRORÍFICOS, POSTRES MONSTRUOSOS E MOITA TROULA . MONSTROS, VAMPIROS,  MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, CABAZAS... LOGRARON QUE FOSE UN DÍA XENIAL. GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

                              PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS