miércoles, 26 de diciembre de 2012

VISITA DOS REIS MAGOS

OS REIS MAGOS VIÑERON DE ORIENTE PARA DEIXAR AGASALLOS OS CATIVOS DE PONTECALDELAS. MIRADE QUE CARAS DE ILUSIÓN E QUE CONTENTOS ESTABAMOS.



Presentación de diapositivas: CHEGARON OS REIS MAGOS - Diapositivas

domingo, 4 de noviembre de 2012

UN MAGO CON MOITA MAXÍA...

Vaia sorte tiveron os nosos cativos. Un Mago no cole? Abra cadabra, pata de cabra... así nos decía este gran Mago... 

viernes, 2 de noviembre de 2012

BROCHETAS DE FROITA

Esta sí é unha maneira de tomar froita... moi moi divertida. Aproveitando a "Semana de froita fresca", tivemos unha idea... que tal si facemos unha brocheta de froita?



jueves, 1 de noviembre de 2012

BOOOOHHHHH!!!!!! VIVA O SAMAÍN

Cabazas, bruxas, pantasmas, arañas, morcegos....Desta maneira tan divertida disfrutamos da festividade do SAMAÍN. Primeiro vimos na biblioteca contos e cancións de medo e logo disfrazámonos de vampiros....  Vaia sustos nos deron estos cativos!


SAMAÍN - foto montaje

martes, 30 de octubre de 2012

O SAMAÍN: QUE MEDOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!


Co motivo do SAMAÍN queremos que os nosos cativos vaian pasando un pouco de medo con este conto:
 " A BRUXA REGAÑADENTES"

lunes, 22 de octubre de 2012

ANIMALIÑOS NOVOS NAS NOSAS AULAS

Aos nosos cativos gustánlle moito os animais, por iso quixeron compartir cos amiguiños e as profes as súas mascotas e insectos. Así aproveitamos para aprender cousiñas novas a cerca dos caracois, escaravellos, gekos "lagarto asiático" e tartarugas. Moitas grazas e aquí vai unha mostra.

miércoles, 10 de octubre de 2012

REUNIÓN INICIAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

Esta é a presentación da reunión inicial do curso de Educación Infantil. Aquí podedes consultar todo o contido da información dada. Agradecervos a vosa colaboración.


AS NOSAS RECOMENDACIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podedes ver o contido da reunión coas familias do alumnado de Educación Infantil


sábado, 29 de septiembre de 2012

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

 Aquí están os aniversarios deste mes. Parabéns para estos cativos.

jueves, 20 de septiembre de 2012

UN OURIZO NO NOSO COLE
O mércores 19 de setembro tivemos unha visita no cole dun animal con moitos pinchos, "UN OURIZO".
Os nosos cativos quedaron moi contentos, por iso decidimos que queremos saber máis cousas deste animaliño e presentarvos a nosa experiencia. Esperamos que vos guste!

miércoles, 12 de septiembre de 2012

BENVIDOS Ó CURSO 2012-2013

O equipo de Educación Infantil temos o gusto de darvos a benvida do novo curso escolar 2012-2013! Temos novas cariñas e xa os hai veteranos!. Pero todos temos moita alegría por comezar a vivir novas ilusións e aprender moitas cousiñas novas.

lunes, 25 de junio de 2012

PROXECTO DOS VEXETAIS 3º TRIMESTRE

No 3ºtrimestre continuamos comendo saudable, por iso quixemos aprender cousas novas sobre os vexetais que é o proxecto que a continuación vos presentamos.
Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

OS ANIVERSARIOS DO VERÁN

As mestras de infantil estivemos moi contentas de poder festexar os aniversarios dos cativos que cumplen no verán. Tamén queremos agradecer ás familias a colaboración que mostraron nas diversas actividades que facemos. Aquí vos mostramos esta presentación, esperamos que a disfrutedes!

viernes, 15 de junio de 2012

DÁMOSLLE A BENVIDA OS NOVOS CATIVOS DE CALDELAS

O noso equipo de Infantil fixo esta semana unha covivencia para recibir ás familias e os cativos de 3 anos que comezan o vindeiro curso. Despois de mostrarlle ó cole: a biblioteca, a aula de música, o patio dos tobogáns... coñeceron as aulas de Infantil e as profes contáronlle un conto.
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Another picture collage by Smilebox

viernes, 8 de junio de 2012

jueves, 7 de junio de 2012

A SEMANA DA FROITA

A última semana de maio tivemos a sorte de comer moita froita que compartimos cos nosos compañeiros, xa é ben sabido que a froita é moi saudable para que os cativos de Caldelas medren sans e teñan enerxía para a súa vida cotiá. Por iso queremos compartir convosco esta presentación. Esperamos que vos guste!
Click to play this Smilebox album de fotos
Create your own album de fotos - Powered by Smilebox
This album de fotos created with Smilebox

martes, 29 de mayo de 2012

miércoles, 25 de abril de 2012

martes, 10 de abril de 2012

MOI RICAS AS GALLETAS QUE FIXEMOS!!!

Como primeira entrada no noso blogue aquí podedes ver o noso obradoiro de galletas:

Os nenos e nenas de infantil adicamos un tempo a elaborar galletas. Fixémolo todo: batemos, amasamos, estiramos a masa e fixemos as formas...  PASÁMOLO MOI BEN!!!!!!
Aquí tedes a receita:
INGREDIENTES:
  • 250 gr de fariña.
  • un ovo de galiña.
  • 150 gr de azúcar moído.
  • 125 gr de manteiga 
  • un chisco de sal.
ELABORACIÓN:
  1. Escachamos o ovo, mesturámolo co azucre e batémolo durante 5 minutos.
  2. Engadimos a fariña e amasamos ata que colla consistencia.
  3. Facemos un burato no medio da masa en engadimos a manteiga e o sal.
  4. Seguimos amasando ata que estea todo ben mesturado.
  5. Estiramos a masa e recortamos as galletas cos moldes.
  6. Metemos no forno (prequente a 180ºC) durante 15 minutos aproximadamente.