martes, 22 de diciembre de 2020

O Dragón Pepón deséxavos BO NADAL!!!!!

 Chegaron por fin as vacacións e que mellor maneira de comezalas que lembrando a cantidade de cousas que ao longo do trimestre aprendemos con Pepón.

Pincha no seguinte enlace para ver o video:

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/12/chegou-o-nadal.html


BO NADAL!!!!!

viernes, 4 de diciembre de 2020

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O pasado 25 de novembro tivo lugar o día contra a violencia de xénero e os nenos e nenas de infantil tamén nos quixemos sumar á reivindicación da igualdade entre homes e mulleres así como a NON VIOLENCIA. A continuación tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades que fixemos.


viernes, 20 de noviembre de 2020

VISITA DA BRUXA AVERÍA

  Onte tivemos unha visita moi "sucia", a "Bruja Avería", que viña toda porca co pelo sen lavar, os dentes sucios, a máscara chea de suciedade, sen lavar,... Ademais estaba moi gorda porque non facía exercicio e non comía de forma saudable, só comía lambetadas, comida lixo,...

  Ela quería cambiar os seus hábitos e preguntounos que era o que tiña que facer, así que démoslle unha serie de consellos que prometeu cumprir e voltará a visitarnos para comprobar a súa evolución.

 
 





martes, 17 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

 O pasado martes 10 de novembro celebramos o magosto no cole. 

 A pesar da situación actual, puidemos gozar dunha xornada lúdica cos nosos compañeiros e compañeiras da aula. Fixemos diferentes xogos populares como o lanzamento de castañas, a zapatilla por detrás ou o pato oca, a corda,... e despois disto comemos castañas. Que ben o pasamos!

 Ademais durante a semana realizamos outras actividades como pintar castañas, a castañeira, picar castañas, recortar o cucurucho... 

 
 A continuación podedes ver un resumo das actividades que se levaron a cabo.
 




viernes, 6 de noviembre de 2020

CANTO NOS GUSTA O OUTONO!

 Desde a chegada do outono non paramos de facer actividades relacionadas con esta estación. Recollemos follas, pintámolas, fixemos composicións con elas, elaboramos murais, traballamos os froitos e froitas típicos (landras, castañas, caqui, granada,..) e incluso degustamos algunha. Tamén coñecimos máis sobre o millo e algúns animais como o esquío e o ourizo cacho.

 A continuación amosámosvos un breve resumo dalgunhas actividades que levamos a cabo.

Canto aprendemos e como disfrutamos!




lunes, 2 de noviembre de 2020

ACTIVIDADES NO SAMAÍN

 É certo que foi un samaín diferente, pero non por iso menos divertido. Fixemos un montón de actividades como se pode ver no vídeo.

 



 

Ademais se pinchas nos seguintes enlaces poderás ver outras moitas: visitáronos os padriños lectores, os de 6º de infantil fixemos un conto de medo  nas clases de estimulación, vimos unha obra de teatro, participamos nunha exposición virtual de cabazas...

A pesar de non ser a festa de sempre foi un gran día!!!

Pincha e verás!!!

 http://curicuxa.blogspot.com/2020/10/padrinos-lectores-en-samain.html

http://curicuxa.blogspot.com/2020/10/exposicion-cabazas-samain-2020.html

http://curicuxa.blogspot.com/2020/11/teatro-polo-samain.html

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/10/a-festa-de-samain.html



miércoles, 14 de octubre de 2020

BENVID@S A O CURSO 2020-2021

Que rápido pasa o tempo, xa levamos un mes no cole e estamos totalmente adaptados á
nova "normalidade". 

Aquí tedes un vídeo con algunhas fotos para que vexades cantas cousas facemos e o ben que o pasamos!


jueves, 7 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día das Letra Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Ademáis das tarefas que vos enviamos as profes, si queredes saber máis deste autor píchade no enlace. 
Máis información sobre Ricardo Carvalho Calero

viernes, 1 de mayo de 2020

LEMBRANZAS DE PEPÓN

Fai uns días comentabamos  a importancia de non esquecer a estimulación da linguaxe cos máis pequenos e hoxe queremos, xunto co Dragón Pepón, lembrar todo o que fixemos ao longo destes meses que souberon a moi pouco!!

Voltaremos!!!!!!!


Estimulación da linguaxe en infantil from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 27 de abril de 2020

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA CASA

Non nos podemos esquecer, nestas semanas que os peques están na casa, da importancia que ten a linguaxe oral e o seu desenvolvemento, sobre todo nos máis cativos.
Por iso déixovos este enlace ao blogue do departamento de orientación que vos pode servir de guía.

Un saúdo.

https://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/04/estimulacion-da-linguaxe-oral-na-casa.html


sábado, 25 de abril de 2020

EXERCICIOS DE LÓXICA MATEMÁTICA


OLA FAMILIAS:
NESTE ENLACE PODEDES FACER TEREFAS COS VOSOS NENOS E NENAS DE LÓXICA-MATEMÁTICA. UNHA APERTA DE PARTE DAS PROFES DE INFANTIL.

ACTIVIDADES LÓXICA-MATEMÁTICA

COMO SAÍR DA CASA


OLA FAMILIAS: ESPERAMOS QUE TODOS E TODAS VOS ATOPEDES BEN, ENVIÁMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DA CASA A PARTIR DO DOMINGO QUE PODEDES FACER COS VOSOS NENOS E NENAS. UN BICO DE PARTE DE TÓDALAS PROFES!!!!

PÍNCHADE PARA VER O TEXTO

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe xoves 23 de abril celebramos o Día do Libro... este ano quizais os festexos sexan diferentes pero non por iso menos especiais.
Os profes do Cordo quixemos elaborar para tod@s @s nos@s peques este pequeno agasallo, para que saibades o importantes que sodes para nós.

Agardamos que vos guste!!!!!


viernes, 3 de abril de 2020

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

Este segundo trimestre remata dunha forma diferente, rara, difícil de asimilar... pero a pesar diso queremos poñer un punto e final ao trimestre cun pouco de alegría, lembrando o ben que o pasamos ao longo destes meses festexando os aniversarios de moitos dos nosos amigos e amigas; pronto volveremos a estar todos xuntos para seguir festexando moitos máis!!!

Un saúdo e moito ánimo.


CUMPLES 2º T from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 25 de marzo de 2020

CUENTO SOBRE CORONAVIRUS


   AQUÍ  TENÉIS UN CUENTO  MUY INTERESANTE.
  
    Podéis hacer dibujos sobre el cuento y mandarlo a las profes e intentamos hacer un vídeo con vuestros dibujos.
  Ánimo peques...

domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA FACER COS NENOS E NENAS DURANTE O CONFINAMIENTO PARA 4 E 5 ANOS

Queridas familias, 
xa é coñecido por todos que estamos a vivir uns momentos moi difíciles, por iso queremos que o levedes o mellor posible. Como temos que estar na casa, queremos darvos unhas recomendacións didácticas e actividades para que fagades cos vosos fillos e fillas.
Os días deben estar organizados en rutinas:
Pola mañán:
É recomendable que non vexan televisión porque os nenos-as teñen máis capacidade de concentración. Podedes manter a rutina de:
-Aseo, vestirse( así diferenciamos o día da noita), almorzo, lavado de dentes, actividades tranquilas (que despois desglosaremos).
Pola tarde:
Actividades máis lúdicas, televisión e de psicomotricidade que comentaremos a continuación.
                                  ACTIVIDADES
Traballamos as EMOCIÓNS:
-Falar con eles do que está a pasar, que o expliquen, que lles preocupa... Ter en conta que eles son o que nos lle transmitimos, si estamos tranquilos transmitiremóslle esa emoción. Contarlle as cousas da forma máis natural posible para non transmitislle nerviosismo. É moi importante que teñades calma con eles e moita paciencia. É normal que estén tristes.
- Facer video-chamadas cos seus compañeiros-as do cole para que sigan en contacto.
- Ver contos, películas, cancións...
- Debuxar coronavirus
- Facer coronavirus de plastilina e logo aplastalos para calmar a súa frustación.
Traballamos a LECTO-ESCRITURA:
- Lèmoslles contos e facèmoslles preguntas:
Cal é o personaxe principal?, que fagan un debuxo, que foi o que máis lle gustou?, inventar un final diferente, facémoslle preguntas: que pasaría sí?, que escriban o nome do personaxe principal.
- Escribir os nomes dos compañeir@s da clase, das profes... porque son comezan. Sempre co método fonolóxico, (dicirlle como soa o son da letra)
- Escribir o nome dos avós, dos pais, dos tíos, dos primos, dos veciños... que fagan debuxos, para seguir traballando o esquema corporal, depois poden recortalos e pegalos .
- Podedes facer un árbol xenealóxico, cos debuxos e nomes da familia.
- Escribir nomes de animais, se tedes aminais de xoguete podedes clasificalos polo número de patas, polas cores, pola letra que comeza, por si son salvaxes ou domésticos...
- Receitas: por exemplo, podedes facer unha pizza, biscoito, galletas...escriben o nome dos ingredientes e que fagan un debuxo do produto final. Podedes facer un libro de receitas.
Traballamos a LÓXICA-MATEMÁTICA:
-Series de dous ou tres elementos: con froitos secos, con formas de pasta, con chuches...
- Facemos números con plastilina, con masa de pan que logo podemos cocer no forno.
- Clasificamos as pinzas da roupa por cores, tamén podemos facer series
- Pintamos a pasta con témpera e facemos colares e pulseiras.
- Sumas e restas: con lacasitos, pasta, froita...
- Plantexamóslles problemas como: douche tres lacasitos, que pasa si como un? logo axudádeslle a facela suma ou resta escrita.
- Facedes un calendario e que vaian tachando os días que van pasando, poden debuxar o tempo no calendario, un sol, unha nube...
- Falarlle que xa chegou a primavera o día 20 de marzo, marcádeo no calendario. Debuxar flores, escribides círculos e que eles fagan pétalos. Por exemplo: poñerlle 6 pétalos a cada flor.
- Facer unha actividade primavera: páxaros, insectos, o tempo que fai ( índa que non poidamos sair)
- As flores poden ser con témpera, plastilina, podedes recortalas...
- Traballamos as figuras xeométricas con cousas cotiás: pan de molde, galletas, quesitos, pratos, tapers, tamén podedes facer series ou clasificacións... 
- Con plastilina e palillos facede cadrados e triángulos(fixemólo na clase). É moi divertido.
- Que escriban tódolos números que saiban. Do 1 ó 10 ou máis. Falar con eles dos números que faltan e xogade a borrar un e eles teñen que dicir o número que falta.
- Contar hacia adiante e hacia atrás.
- Xogar ó parchís , a oca, ó memory.
- O corpo humano: no 3º trimestre íamos traballar esta temática, así que vos propoñemos estas actividades: coller un metro e medir as nosas mans , os pés, o noso corpo enteiro. Facemos un debuxo e poñémoslle a cantidade. Medimos os pés, miramos que número de zapatos usamos e escribímolo, tamén nos podemos pesar e anotámolo. Todo isto o podemos facelo con papá, mamá ou os irmáns.
Traballamos a PSICOMOTRICIDADE:
Estas actividades é preferible que as fagades pola tarde:
- Xogamos a desplazarse como algúns animais: serpes, gatos, canguros, tartarugas...
- Equilibrio sobre unha corda ou cunha liña marcada no chan, andamos hacia adiante e hacia atrás. Abrimos e ceramos as pernas. Tamén saltamos dun lado a outro cos pés xuntos, e lodo subimos a corda e pasamos por debaixo.
- Facemos a croqueta, desplazámosnos a rolos polo chan
- Xogamos conha folla dun papel de periódico, poñemóla na cabeza e desplazamonos, logo na barriga, no cú, entre os xeonllos dando saltos... Finalmente colocamólo no chan e saltamos adiante, atrás, á dereita, á esquerda, enriba.
-Xogamos con pelotas: tiramólas moi alto, botamos, sentados pasamos á pelota, polo aire, polo chan, cun bote...
- Xogade a "pato, pato, oca". Eles xa saben como é.
- Xogade o "pañuelo", "1,2,3, pajarito inglés sin mover las manos ni los pies".
- Xogade a facer torres con papel hixiénico, tamén podedes facer un circuito para que os nenos se desplazen en zig-zag. Ou salter por encima deles.
- Abrir e cerrar tapóns de briks, facer bólas con papel de periódico e xogar a metelos nunha papeleira ou canasta
- Bailade
- Disfrazádevos
- Pintade as uñas
- Xogade con globos, lanzálos, leválos entre os xeonllos. Xogar con parellas( leválo na barriga, coa cabeza, co cú) e facer carreiras.
- Debuxade un pelete no chan, se tedes a sorte de vivir nunha casa.
- Saltar á corda.
- Soplar cunha palliña para que se mova unha pelota. Podedes facer un circuito con espaguettis formando un camiño.
- Colgar as pinzas de roupa nunha corda.
- Xogar ás cartas...

Como isto que estamos a vivir é algo histórico nas nosas vidas podedes facer un DIARIO con tódalas actividades que fagades cada día cos vosos fillos e fillas, comezando co calendario. Onde podedes poñer todo o que facedes día a día. Podedes sacar fotos para completar o diario. Logo pódemno traer á clase para mostrarlle os seus compañeir@s.
Esperamos de corazón que estas actividades vos sirvan para facer máis levadeiro o confinamento. As profes de Infantil temos moitas ganas de que isto remate pronto e volvernos a ver.
UNHA APERTA E ÁNIMO FAMILIAS.






viernes, 20 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA INFANTIL


    OLA NENOS/AS
      Para estes días na casiña, ímosvos mandar pouquiño a pouco  actividades, manualidades... para que 
poidades aprender e facer en família.
     Moitos biquiños para todos os alumnos/as de Infantil. MOITÍÍÍSIMO ÁNIMO.

    

jueves, 12 de marzo de 2020

martes, 3 de marzo de 2020

FESTA DE ENTROIDO NO COLE


A semana pasada celebramos o entroido no cole, disfrazámonos e comemos orellas, filloas, biscoito... Grazas as familias por traernos os postres. Pasámolo moi ben.

PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

martes, 18 de febrero de 2020

SAÍDA AÓ TEATRO ABANCA PONTEVEDRA


SAÍDA Ó TEATRO ABANCA PONTEVEDRA
Este martes saímos de excursión á Pontevedra, fumos ó teatro a ver a obra: "A lúa e o lobo". Pasamólo moi ben, aquí tedes as fotos
                                         
                                   PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS