martes, 17 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

 O pasado martes 10 de novembro celebramos o magosto no cole. 

 A pesar da situación actual, puidemos gozar dunha xornada lúdica cos nosos compañeiros e compañeiras da aula. Fixemos diferentes xogos populares como o lanzamento de castañas, a zapatilla por detrás ou o pato oca, a corda,... e despois disto comemos castañas. Que ben o pasamos!

 Ademais durante a semana realizamos outras actividades como pintar castañas, a castañeira, picar castañas, recortar o cucurucho... 

 
 A continuación podedes ver un resumo das actividades que se levaron a cabo.
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario