Ao longo deste primeiro trimestre moitos nenos/as de infantil estiveron de aniversario, e así foi como o festexaron cos seus compañeiros, comeron tarta, cantaron, recibiron a súa coroa....
Despois da nosa saída aos petróglifos de Tourón, e para seguir aprendendo cousas sobre a prehistoria fixemos no cole este taller. Xa veredes canto traballamos!!!!
Un ano máis celebramos o Samaín e o Halloween cunha chea de actividades: Taller de galleta/arañas, contacontos en inglés, postres con cabazas, cabazas decoradas,.....
Este ano dentro do Proxecto Documental Integrado, os nenos de infantil aprenderon moitas cousas sobre as plantas aromáticas. Pero además de aprender divertíronse un montón plantando, regando, facendo talleres de xabón e pan-pizza... Si queredes saber un pouco máis sobre todas esas cousas que fixeron, non tedes máis que ver a seguinte presentación. Agardamos que vos guste.
Comezade o percorrido no caracol.
sábado, 23 de mayo de 2015
TALLER DE FROITA
Mirade como disfrutamos elaborando as nosas brochetas de froita. Unha manera divertida de tomar froita. Así imos adquirindo bos hábitos de alimentación saudable.