lunes, 23 de diciembre de 2019

OS NOSOS ANIVERSARIOS

Alá vai xa o primeiro trimestre deste curso 19/20, pero ao longo destes meses foron moitos os aniversarios que festexamos todos xuntos, pasámolo xenial!!! Aquí vos deixamos este video resumo coas nosas festas.

Un saúdo a tod@s e BO NADAL !!!



CUMPLES 1º TRIMESTRE from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este martes veu o cole a profe Cris de Caldas, contounos contos para fomentar a igualdade entre nenos e nenas. Aprendemos que o rosa e o azul son amigos, non teñen xénero e que os nenos xogan con bonecas e as nenas con coches. Si alguén de mete con nós sobre os nosos gustos o que lle temos que dicir é que os xoguetes, xoguetes son, e as cores, cores son. 

PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

viernes, 15 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Este martes celebramos o Magosto, fixemos un montón de xogos: paracaídas, come-castañas, pintamos as caras... e comemos castañas. O máis importante: gozar cos nosos compañeiros e compañeiras.
                    PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

martes, 5 de noviembre de 2019

SAMAÍN

O MÉRCORES PASADO FOI UN DÍA DE MOITO MEDO,CELEBRAMOS O DÍA DO SAMAÍN . HOUBO BAILES TERRORÍFICOS, POSTRES MONSTRUOSOS E MOITA TROULA . MONSTROS, VAMPIROS,  MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, CABAZAS... LOGRARON QUE FOSE UN DÍA XENIAL. GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

                              PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

miércoles, 18 de septiembre de 2019

BENVIDOS

BENVIDOS Ó CURSO 2019-2020
Xa estamos aquí, con caras novas e moita alegría de atoparse cos amigos e amigas. Voltamos coas pilas cargadas para aprender e xogar.

PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

lunes, 24 de junio de 2019

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Rematou o curso escolar, e neste último trimestre festexamos moitos aniversarios, pero ademais na última semana de cole aproveitamos para facer unha gran festa e festexalos cos compañeiros que cumpren no verán!!!!!!

PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!
Cumples 3ºT from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de junio de 2019

PRODUTO FINAL DO PDI 18-19

Chegamos xa á derradeira semana de curso e queremos amosarvos o noso produto final do PDI,  que este ano como ben sabedes levou como título EMOCIONARTE. Aquí vos deixamos todo o proceso que levamos a cabo este ano e no que traballamos un montón!!!!!




viernes, 14 de junio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Este venres fumos de excursión a Arcade, alí disfrutamos dun parque chulísimo, logo merendemos para repoñer forzas e finalmente xogamos coa area da praia. Foi unha xornada fantástica.
                       PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

martes, 21 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS

 O xoves 16 de maio celebramos "O día das Letras Galegas", que este ano adicouse a Antón Fraguas. Tivemos un día festivo no colexio, primeiro tivemos actuacións (contos, títeres e cancións) e logo sesión de xogos populares. Disfrutamos un montón.
 Pínchade aquí para ver as fotos

lunes, 6 de mayo de 2019

SAÍDA Ó TEATRO

O venres 30 de abril os cativos de Infantil fomos ó teatro a Pontevedra á Fundación de Abanca. A obra que vimos foi GUYI - GUYI. Quedamos encantados, gustounos moitísimo!
PÍCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

martes, 23 de abril de 2019

ÚLTIMAS SEMANAS DO TRIMESTRE

Hoxe comezamos o derradeiro trimestre deste curso e que meller día que este para compartir con tod@s vós unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizamos en infantil nas últimas semanas do trimestre antes de chegar as merecidísimas vacacións de semana santa.
Aí van!!Agardamos que as disfrutedes!!!!!!


Actividades E.I. from Audición y lenguaje on Vimeo.

viernes, 12 de abril de 2019

CUMPLES 2º TRIMESTRE

Hoxe rematamos xa o segundo trimestre deste curso e durante os últimos meses foron moitos os peques que quixeron festexar os seus aniversarios cos seus compañeiros.
Velaí vos deixamos un recopilatorio coas fotos de todos eles!!!!


cumples 2ºT from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 28 de marzo de 2019

VISITA Ó SALÓN DO LIBRO

Hoxe 28 de marzo, 4 e 5 anos fumos de visita ó Salón do Libro. Disfrutamos un montón, contarómnos contos e mostraronos toda a exposición que este ano está adicada á Revolución.
                                      PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

OBRADOIRO DE MEL

Esta semana comezamos o proxecto das abellas, como actividade de motivación fixemos un obradoiro de mel, utilizamos mel e pan para degustar. Un éxito!!!!!
                            PÍCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

miércoles, 27 de marzo de 2019

PADRIÑOS LECTORES DE POESÍAS

Nesta ocasión as madriñas e padriños lectores viñeron cargados de libros de poesías, rimas...podedes ver que ratiño tan bo pasaron os máis peques no seguinte enlace:

jueves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA NO NOSO COLE

Hoxe día 21 de marzo celebráse o Día da Poesía, con este motivo fumos á praza a poñer as poesías que fixemos en Infantil e Primaria. Quedaron moi bonitas, así tódalas persoas que pasen por ahí poden ir a velas.
PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

O ENTROIDO NO NOSO COLE
Este venres démoslle a benvida ó ENTROIDO cunha gran festa, comemos, xogamos e desfilamos moi ben.
PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

martes, 26 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O venres pasado celebramos no cole o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, nesta ocasión a teacher Mari interpretou a poeta e escritora, os cativos aprenderon como foi a súa vida e coñeceron o poema "Adiós ríos, adiós fontes"
PÍNCHADE AQÍ PARA VER AS FOTOS

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ


O mércores 30 de xaneiro celebramos o día da Paz, así de ben o pasamos os nenos e nenas de Infantil e formamos entre todos a palabra PAZ.
                                            Para ver as fotos pínchade aquí

lunes, 28 de enero de 2019

Chegaron os padriños lectores de xaneiro...

Este mes como non podía ser doutro xeito as madriñas e os padriños lectores trouxeron un montón de contos con historias cheas de amizade, amor, loita pola igualdade... para conmemorar, como faremos o vindeiro mércores, o Día da Paz e da non violencia.
Aquí vos deixo un resumo para que vexades que atentos estiveron os nosos pequenos/as e que ben exercen de padriños e madriñas os máis grandiños.

PADRIÑOS LECTORES DA PAZ from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 16 de enero de 2019

ACTIVIDADES COAS FAMILIAS NO MAGOSTO

Este ano para festexar o magosto, as familias participaron en diversas actividades cos nosos nen@s facendo talleres e contacontos.

Foron unhas actividades moi divertidas, podedes velas no seguinte video: