lunes, 27 de abril de 2020

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA CASA

Non nos podemos esquecer, nestas semanas que os peques están na casa, da importancia que ten a linguaxe oral e o seu desenvolvemento, sobre todo nos máis cativos.
Por iso déixovos este enlace ao blogue do departamento de orientación que vos pode servir de guía.

Un saúdo.

https://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/04/estimulacion-da-linguaxe-oral-na-casa.html


sábado, 25 de abril de 2020

EXERCICIOS DE LÓXICA MATEMÁTICA


OLA FAMILIAS:
NESTE ENLACE PODEDES FACER TEREFAS COS VOSOS NENOS E NENAS DE LÓXICA-MATEMÁTICA. UNHA APERTA DE PARTE DAS PROFES DE INFANTIL.

ACTIVIDADES LÓXICA-MATEMÁTICA

COMO SAÍR DA CASA


OLA FAMILIAS: ESPERAMOS QUE TODOS E TODAS VOS ATOPEDES BEN, ENVIÁMOSVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DA CASA A PARTIR DO DOMINGO QUE PODEDES FACER COS VOSOS NENOS E NENAS. UN BICO DE PARTE DE TÓDALAS PROFES!!!!

PÍNCHADE PARA VER O TEXTO

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe xoves 23 de abril celebramos o Día do Libro... este ano quizais os festexos sexan diferentes pero non por iso menos especiais.
Os profes do Cordo quixemos elaborar para tod@s @s nos@s peques este pequeno agasallo, para que saibades o importantes que sodes para nós.

Agardamos que vos guste!!!!!


viernes, 3 de abril de 2020

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

Este segundo trimestre remata dunha forma diferente, rara, difícil de asimilar... pero a pesar diso queremos poñer un punto e final ao trimestre cun pouco de alegría, lembrando o ben que o pasamos ao longo destes meses festexando os aniversarios de moitos dos nosos amigos e amigas; pronto volveremos a estar todos xuntos para seguir festexando moitos máis!!!

Un saúdo e moito ánimo.


CUMPLES 2º T from Audición y lenguaje on Vimeo.