O equipo de Educación Infantil temos o gusto de darvos a benvida do novo curso escolar 2012-2013!
Temos novas cariñas e xa os hai veteranos!.
Pero todos temos moita alegría por comezar a vivir novas ilusións e aprender moitas cousiñas novas.
miércoles, 12 de septiembre de 2012
lunes, 25 de junio de 2012
PROXECTO DOS VEXETAIS 3º TRIMESTRE
OS ANIVERSARIOS DO VERÁN
As mestras de infantil estivemos moi contentas de poder festexar os aniversarios dos cativos que cumplen no verán. Tamén queremos agradecer ás familias a colaboración que mostraron nas diversas actividades que facemos. Aquí vos mostramos esta presentación, esperamos que a disfrutedes!
viernes, 15 de junio de 2012
DÁMOSLLE A BENVIDA OS NOVOS CATIVOS DE CALDELAS
O noso equipo de Infantil fixo esta semana unha covivencia para recibir ás familias e os cativos de 3 anos que comezan o vindeiro curso. Despois de mostrarlle ó cole: a biblioteca, a aula de música, o patio dos tobogáns... coñeceron as aulas de Infantil e as profes contáronlle un conto.
![]() |
| Another picture collage by Smilebox |
viernes, 8 de junio de 2012
O MAGO CALI
O noso cole visteuse se maxia gracias o Mago Cali, que nos deixou pasmados. Foi unha experiencia moi divertida, así que temos o gusto de mostrarvos este espetáculo de maxia!
jueves, 7 de junio de 2012
A SEMANA DA FROITA
A última semana de maio tivemos a sorte de comer moita froita que compartimos cos nosos compañeiros, xa é ben sabido que a froita é moi saudable para que os cativos de Caldelas medren sans e teñan enerxía para a súa vida cotiá.
Por iso queremos compartir convosco esta presentación. Esperamos que vos guste!
![]() |
| This album de fotos created with Smilebox |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


