AQUÍ TENÉIS UN CUENTO MUY INTERESANTE. Podéis hacer dibujos sobre el cuento y mandarlo a las profes e intentamos hacer un vídeo con vuestros dibujos. Ánimo peques...
Queridas familias, xa é coñecido por todos que estamos a vivir uns momentos moi difíciles, por iso queremos que o levedes o mellor posible. Como temos que estar na casa, queremos darvos unhas recomendacións didácticas e actividades para que fagades cos vosos fillos e fillas. Os días deben estar organizados en rutinas: Pola mañán: É recomendable que non vexan televisión porque os nenos-as teñen máis capacidade de concentración. Podedes manter a rutina de: -Aseo, vestirse( así diferenciamos o día da noita), almorzo, lavado de dentes, actividades tranquilas (que despois desglosaremos). Pola tarde: Actividades máis lúdicas, televisión e de psicomotricidade que comentaremos a continuación. ACTIVIDADES Traballamos as EMOCIÓNS: -Falar con eles do que está a pasar, que o expliquen, que lles preocupa... Ter en conta que eles son o que nos lle transmitimos, si estamos tranquilos transmitiremóslle esa emoción. Contarlle as cousas da forma máis natural posible para non transmitislle nerviosismo. É moi importante que teñades calma con eles e moita paciencia. É normal que estén tristes. - Facer video-chamadas cos seus compañeiros-as do cole para que sigan en contacto. - Ver contos, películas, cancións... - Debuxar coronavirus - Facer coronavirus de plastilina e logo aplastalos para calmar a súa frustación. Traballamos a LECTO-ESCRITURA: - Lèmoslles contos e facèmoslles preguntas: Cal é o personaxe principal?, que fagan un debuxo, que foi o que máis lle gustou?, inventar un final diferente, facémoslle preguntas: que pasaría sí?, que escriban o nome do personaxe principal. - Escribir os nomes dos compañeir@s da clase, das profes... porque son comezan. Sempre co método fonolóxico, (dicirlle como soa o son da letra) - Escribir o nome dos avós, dos pais, dos tíos, dos primos, dos veciños... que fagan debuxos, para seguir traballando o esquema corporal, depois poden recortalos e pegalos . - Podedes facer un árbol xenealóxico, cos debuxos e nomes da familia. - Escribir nomes de animais, se tedes aminais de xoguete podedes clasificalos polo número de patas, polas cores, pola letra que comeza, por si son salvaxes ou domésticos... - Receitas: por exemplo, podedes facer unha pizza, biscoito, galletas...escriben o nome dos ingredientes e que fagan un debuxo do produto final. Podedes facer un libro de receitas. Traballamos a LÓXICA-MATEMÁTICA: -Series de dous ou tres elementos: con froitos secos, con formas de pasta, con chuches... - Facemos números con plastilina, con masa de pan que logo podemos cocer no forno. - Clasificamos as pinzas da roupa por cores, tamén podemos facer series - Pintamos a pasta con témpera e facemos colares e pulseiras. - Sumas e restas: con lacasitos, pasta, froita... - Plantexamóslles problemas como: douche tres lacasitos, que pasa si como un? logo axudádeslle a facela suma ou resta escrita. - Facedes un calendario e que vaian tachando os días que van pasando, poden debuxar o tempo no calendario, un sol, unha nube... - Falarlle que xa chegou a primavera o día 20 de marzo, marcádeo no calendario. Debuxar flores, escribides círculos e que eles fagan pétalos. Por exemplo: poñerlle 6 pétalos a cada flor. - Facer unha actividade primavera: páxaros, insectos, o tempo que fai ( índa que non poidamos sair) - As flores poden ser con témpera, plastilina, podedes recortalas... - Traballamos as figuras xeométricas con cousas cotiás: pan de molde, galletas, quesitos, pratos, tapers, tamén podedes facer series ou clasificacións... - Con plastilina e palillos facede cadrados e triángulos(fixemólo na clase). É moi divertido. - Que escriban tódolos números que saiban. Do 1 ó 10 ou máis. Falar con eles dos números que faltan e xogade a borrar un e eles teñen que dicir o número que falta. - Contar hacia adiante e hacia atrás. - Xogar ó parchís , a oca, ó memory. - O corpo humano: no 3º trimestre íamos traballar esta temática, así que vos propoñemos estas actividades: coller un metro e medir as nosas mans , os pés, o noso corpo enteiro. Facemos un debuxo e poñémoslle a cantidade. Medimos os pés, miramos que número de zapatos usamos e escribímolo, tamén nos podemos pesar e anotámolo. Todo isto o podemos facelo con papá, mamá ou os irmáns. Traballamos a PSICOMOTRICIDADE: Estas actividades é preferible que as fagades pola tarde: - Xogamos a desplazarse como algúns animais: serpes, gatos, canguros, tartarugas... - Equilibrio sobre unha corda ou cunha liña marcada no chan, andamos hacia adiante e hacia atrás. Abrimos e ceramos as pernas. Tamén saltamos dun lado a outro cos pés xuntos, e lodo subimos a corda e pasamos por debaixo. - Facemos a croqueta, desplazámosnos a rolos polo chan - Xogamos conha folla dun papel de periódico, poñemóla na cabeza e desplazamonos, logo na barriga, no cú, entre os xeonllos dando saltos... Finalmente colocamólo no chan e saltamos adiante, atrás, á dereita, á esquerda, enriba. -Xogamos con pelotas: tiramólas moi alto, botamos, sentados pasamos á pelota, polo aire, polo chan, cun bote... - Xogade a "pato, pato, oca". Eles xa saben como é. - Xogade o "pañuelo", "1,2,3, pajarito inglés sin mover las manos ni los pies". - Xogade a facer torres con papel hixiénico, tamén podedes facer un circuito para que os nenos se desplazen en zig-zag. Ou salter por encima deles. - Abrir e cerrar tapóns de briks, facer bólas con papel de periódico e xogar a metelos nunha papeleira ou canasta - Bailade - Disfrazádevos - Pintade as uñas - Xogade con globos, lanzálos, leválos entre os xeonllos. Xogar con parellas( leválo na barriga, coa cabeza, co cú) e facer carreiras. - Debuxade un pelete no chan, se tedes a sorte de vivir nunha casa. - Saltar á corda. - Soplar cunha palliña para que se mova unha pelota. Podedes facer un circuito con espaguettis formando un camiño. - Colgar as pinzas de roupa nunha corda. - Xogar ás cartas...
Como isto que estamos a vivir é algo histórico nas nosas vidas podedes facer un DIARIO con tódalas actividades que fagades cada día cos vosos fillos e fillas, comezando co calendario. Onde podedes poñer todo o que facedes día a día. Podedes sacar fotos para completar o diario. Logo pódemno traer á clase para mostrarlle os seus compañeir@s. Esperamos de corazón que estas actividades vos sirvan para facer máis levadeiro o confinamento. As profes de Infantil temos moitas ganas de que isto remate pronto e volvernos a ver. UNHA APERTA E ÁNIMO FAMILIAS.
OLA NENOS/AS Para estes días na casiña, ímosvos mandar pouquiño a pouco actividades, manualidades... para que poidades aprender e facer en família. Moitos biquiños para todos os alumnos/as de Infantil. MOITÍÍÍSIMO ÁNIMO.
A semana pasada celebramos o entroido no cole, disfrazámonos e comemos orellas, filloas, biscoito... Grazas as familias por traernos os postres. Pasámolo moi ben.