Ao longo deste curso como cada ano todo o cole traballamos o PDI (Proxecto Documental Integrado), este ano damos A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS, e a nosa primeira parada levounos a coñecer un pouco máis sobre os INDIOS. Aquí vos deixamos este glogster no que poderedes facer un percorrido por todas as actividades que levamos a cabo. Agardamos que vos guste!!!
Como cada curso en infantil encántanos festexar cos nosos pequenos os seus aniversarios!!Todos xuntos comparten biscoitos, lucen as súas coroas, sopran as candeas.... Velaquí tedes os aniversarios destes últimos meses e tamén!!
Estamos xa metid@s de pleno nun novo curso escolar e tod@s as mestras de infantil do Cordo Boullosa agardamos que os pequenos e pequenas aprendan, gocen e se divirtan nesta nova aventura que están comenzando. BENVIDOS a todos e a todas a este novo curso 2017-2018!!
Este ano por falta de tempo non nos foi posible convocar ás familias do cole para ver o video resumo das actividades que levamos a cabo ao longo de todo o curso en infantil como viñamos facendo os anos ateriores. Pero para que poidades velo creamos esta entrada, agardamos que vos guste porque dende logo os pequenos e pequenas pasárono en grande!! Aproveitamos para desexarvos a tod@s un BO VERÁN!!!Vémonos en setembro!!