lunes, 28 de enero de 2019

Chegaron os padriños lectores de xaneiro...

Este mes como non podía ser doutro xeito as madriñas e os padriños lectores trouxeron un montón de contos con historias cheas de amizade, amor, loita pola igualdade... para conmemorar, como faremos o vindeiro mércores, o Día da Paz e da non violencia.
Aquí vos deixo un resumo para que vexades que atentos estiveron os nosos pequenos/as e que ben exercen de padriños e madriñas os máis grandiños.

PADRIÑOS LECTORES DA PAZ from Audición y lenguaje on Vimeo.

miércoles, 16 de enero de 2019

ACTIVIDADES COAS FAMILIAS NO MAGOSTO

Este ano para festexar o magosto, as familias participaron en diversas actividades cos nosos nen@s facendo talleres e contacontos.

Foron unhas actividades moi divertidas, podedes velas no seguinte video:



miércoles, 26 de diciembre de 2018

ANIVERSARIOS DO 1º TRIMESTRE

Aquí vos van unhas fotiños para que vexades como festexamos os nosos aniversarios ao longo deste primeiro trimestre e aproveitamos tamén para desexarvos a tod@s unhas FELICES FESTAS e un BO ANO NOVO!!!

ANIVERSARIOS 1ºT from Audición y lenguaje on Vimeo.

jueves, 20 de diciembre de 2018

A representación do Belén vivinte

Como ven sendo tradición este ano os nenos e nenas de 5 anos representaron o Belén vivinte, fixerómno de marabilla!!!!!!!!!!!


VISITA DOS REIS MAGOS 2018

Hoxe tivemos no cole unha visita moi especial, viñeron os Reis Magos dende moi lonxe para recoller as nosas cartas, e vannos traer moitos agasallos porque nos portamos moi ben,  ademáis repartiron os agasallos as postais gañadoras. Que ben o pasamos!!!!!!!!!!

Pinchade aquì para ver as fotos

lunes, 17 de diciembre de 2018

PADRIÑOS LECTORES DO NADAL

Como cada mes recibimos a visita dos padriños e madriñas lectores/as!! Nas súas caixas de lectura trouxeron un montón de contos de bonecos de neve, árbores de nadal, agasallos, reis magos ...
Esta vez tocoulles aos alumnos de 3 e 4 anos e aos de 5º e 6º de primaria.
Aquí podedes velos disfrutar da lectura...


PADRIÑOS LECTORES NADAL from Audición y lenguaje on Vimeo.

viernes, 23 de noviembre de 2018

Día de Acción de Gracias en Infantil

DÍA DE ACCIÓN DE GRACIAS EN INFANTIL
Esta semana fixemos unha actividade de Inglés na que celebramos o Día de Acción de Gracias.
Fixemos tortitas con sirope de arce, nocilla e marmelada de moras. Todos e todas aprendemos os ingredientes e disfrutamos dun día especial.

PINCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS