miércoles, 27 de noviembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este martes veu o cole a profe Cris de Caldas, contounos contos para fomentar a igualdade entre nenos e nenas. Aprendemos que o rosa e o azul son amigos, non teñen xénero e que os nenos xogan con bonecas e as nenas con coches. Si alguén de mete con nós sobre os nosos gustos o que lle temos que dicir é que os xoguetes, xoguetes son, e as cores, cores son. 

PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

viernes, 15 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Este martes celebramos o Magosto, fixemos un montón de xogos: paracaídas, come-castañas, pintamos as caras... e comemos castañas. O máis importante: gozar cos nosos compañeiros e compañeiras.
                    PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

martes, 5 de noviembre de 2019

SAMAÍN

O MÉRCORES PASADO FOI UN DÍA DE MOITO MEDO,CELEBRAMOS O DÍA DO SAMAÍN . HOUBO BAILES TERRORÍFICOS, POSTRES MONSTRUOSOS E MOITA TROULA . MONSTROS, VAMPIROS,  MORCEGOS, BRUXAS, PANTASMAS, CABAZAS... LOGRARON QUE FOSE UN DÍA XENIAL. GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

                              PÍNCHADE AQUÍ PARA VER AS FOTOS

miércoles, 18 de septiembre de 2019

BENVIDOS

BENVIDOS Ó CURSO 2019-2020
Xa estamos aquí, con caras novas e moita alegría de atoparse cos amigos e amigas. Voltamos coas pilas cargadas para aprender e xogar.

PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS

lunes, 24 de junio de 2019

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Rematou o curso escolar, e neste último trimestre festexamos moitos aniversarios, pero ademais na última semana de cole aproveitamos para facer unha gran festa e festexalos cos compañeiros que cumpren no verán!!!!!!

PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!!
Cumples 3ºT from Audición y lenguaje on Vimeo.

lunes, 17 de junio de 2019

PRODUTO FINAL DO PDI 18-19

Chegamos xa á derradeira semana de curso e queremos amosarvos o noso produto final do PDI,  que este ano como ben sabedes levou como título EMOCIONARTE. Aquí vos deixamos todo o proceso que levamos a cabo este ano e no que traballamos un montón!!!!!




viernes, 14 de junio de 2019

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Este venres fumos de excursión a Arcade, alí disfrutamos dun parque chulísimo, logo merendemos para repoñer forzas e finalmente xogamos coa area da praia. Foi unha xornada fantástica.
                       PÍNCHADE PARA VER AS FOTOS