O venres 25 de novembro quixemos aportar o noso gran de area contra a violencia de xénero, dende o noso cole manifestámolo co lema: " O bo trato está nas nosas mans ", todo o alumnado estampou as mans violetas na casiña da entrada formando un gran mural. Despois o alumnado de 3º ciclo contáromnos un conto relacionado con esta temática: " Pepuka y el monstruo". E aprendemos a mirar coas nosas gafas violetas para dicirlle NON á violencia de xénero. Foi unha xornada moi bonita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario