viernes, 9 de abril de 2021

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE


   Neste primeiros meses do ano, foron moitos os nenos e nenas que estiveron de aniversario. Aproveitamos estas datas para celebralos na compañía dos nosos amig@s da clase. Que ben o pasamos e como desfrutamos!!

 A continuación tedes un vídeo resumo coas fotos.


viernes, 19 de febrero de 2021

ENTROIDO

O pasado venres 12 celebramos o entroido. Ao longo da semana levamos a cabo diferentes actividades en relación con esta temática, fixemos un photocall, disfrazámonos, preparamos a coreografía,...

A continuación podedes ver como nos DIVERTIMOS!!




viernes, 15 de enero de 2021

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 Ao longo do primeiro trimestre foron moitos os nenos e nenas que cumpriron anos. Este curso, debido a situación que estamos vivindo, non poidemos festexalo como facíamos antes, pero intentamos celebrar os aniversarios na compañía dos nos@s compañeir@s e que ben o pasamos!!!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo coas nosas celebracións.


martes, 22 de diciembre de 2020

O Dragón Pepón deséxavos BO NADAL!!!!!

 Chegaron por fin as vacacións e que mellor maneira de comezalas que lembrando a cantidade de cousas que ao longo do trimestre aprendemos con Pepón.

Pincha no seguinte enlace para ver o video:

http://orientacioncordoboullosa.blogspot.com/2020/12/chegou-o-nadal.html


BO NADAL!!!!!

viernes, 4 de diciembre de 2020

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O pasado 25 de novembro tivo lugar o día contra a violencia de xénero e os nenos e nenas de infantil tamén nos quixemos sumar á reivindicación da igualdade entre homes e mulleres así como a NON VIOLENCIA. A continuación tedes unha pequena mostra dalgunhas actividades que fixemos.


viernes, 20 de noviembre de 2020

VISITA DA BRUXA AVERÍA

  Onte tivemos unha visita moi "sucia", a "Bruja Avería", que viña toda porca co pelo sen lavar, os dentes sucios, a máscara chea de suciedade, sen lavar,... Ademais estaba moi gorda porque non facía exercicio e non comía de forma saudable, só comía lambetadas, comida lixo,...

  Ela quería cambiar os seus hábitos e preguntounos que era o que tiña que facer, así que démoslle unha serie de consellos que prometeu cumprir e voltará a visitarnos para comprobar a súa evolución.

 
 





martes, 17 de noviembre de 2020

O MAGOSTO

 O pasado martes 10 de novembro celebramos o magosto no cole. 

 A pesar da situación actual, puidemos gozar dunha xornada lúdica cos nosos compañeiros e compañeiras da aula. Fixemos diferentes xogos populares como o lanzamento de castañas, a zapatilla por detrás ou o pato oca, a corda,... e despois disto comemos castañas. Que ben o pasamos!

 Ademais durante a semana realizamos outras actividades como pintar castañas, a castañeira, picar castañas, recortar o cucurucho... 

 
 A continuación podedes ver un resumo das actividades que se levaron a cabo.